REP. DOMINICANA. Informe de Avaliación Final Convenio de Desenvolvemento
03/08/2009 | Devalar Consultoría Europea realizu nos meses de Xunio e Xulloa avaliación final do convenio de desenvolvementoo "Plan de Desarrollo Integral en los Mina Norte – República Dominicana” promovido pola ONG Asamblea de Cooperación pola Paz
Este convenio coordinado pola ONG Asamblea de Cooperación pola Paz está financiado pola Secretaría Xeral de Relacións Exteriores da Xunta de Galicia no marco da Resolución do 29 de Marzo de 2007.
O convenio asinado por dita ONG está contribuindo ó desenvolvemento económico e social,nos Mina Norte específicamente dos Barrios de Vietnam,La Barquita y Katanga, no sector dos Mina Norte,en Santo Domingo Este,na República Dominicana,a través da prevención
da violencia familiar e a atención legal;a mellora das condicións socioeconómicas das
mulleres;e o aumento da seguridade e prevención ante desastres naturais.
Para elo,cóntase coa participación activa dos/as habitantes dos barrios, o apoio gubernamental e a colaboración de diferentes institucións e redes locais.
O obxectivo principal da avaliación foi valorar o grao de avance no cumprimento dos resultados agardados pola intervención,de cara a lograr os obxectivos específicos do proxecto, coa maior eficiencia e garantías de calidade na cooperación.
Con este proceso avaliativo, marcado por un claro enfoque participativo se pretendeu:
•Valorar os efectos netos das actuacións realizadas no marco do convenio ó finalizar o seu período de execución.
•Valorar o grao de cumprimento dos resultados agardados pola intervención conforme ós criterios clásicos da Cooperación Galega, e así poder proveer información e axudar a mellorar a eficacia do programa.
Se procedeu á entrega do informe definitivo o 15 de Xullo do 2009