Devalar é unha entidade firmante da Rede Española do Pacto Mundial
Aprobado Proxecto ´Código Mais´ - 1ª POCTEP
15/03/2017 | Nestes días acabamos de recibir a comunicación da pre-aprobación do proxecto Código Mais en cuia formulación e deseño participou Devalar Consultoría Europea S.L.
O proxecto foi presentado no marco da 1ª Convocatoria do Programa POCTEP - Programa Operativo de Cooperación Trasnfronteriza España - Portugal.
Codigo Mais ten como obxectivo a creación dun Ecosistema Transfronterizo de Innovación en Saúde. Enmarcase no Eixo 1- Crecemento Intelixente a través dunha cooperación transfronteiriza para o impulso da innovación; Prioridade de Inversión: 1B - desenvolvemento de vínculos e sinerxia entre empresas, centros de I+D e de educación superior, en especial o desenvolvemento de productos e servizos, a transferencia de tecnoloxía, a innovación social e as aplicaciones de servizo público apoiando a investigación tecnolóxica e aplicada.
O proxecto é liderado pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia a través de ACIS e nel participan como socios a Universidade de Santiago, a Universidade de Vigo, o Cluster de Saúde de Galicia, o Health Cluster Portugal (HCP) e o Laboratorio Ibérico Internacional de Nanotecnología (Braga-Portugal)