DEVALAR


:

CEPAD

Devalar é unha entidade firmante da Rede Española do Pacto Mundial

 

 

 


Proxecto TITTAN - INTERREG EUROPE - Workshop Milan (6-8 Marzo)

15/03/2017 | Os pasados días 6-8 marzo de 2017 celebrouse na cidade italiana de Milán un obradoiro de traballo no marco do proxecto TITTAN- Translation, Innovation & Technology Transfer in Ageing Network.

TITTAN está liderado por ACIS - Axencia de Coñecemento en Saúde (Xunta de Galicia)e nel DEVALAR desenvolve servizos de asistencia técnica.

Esta iniciativa formulada por DEVALAR en colaboración co persoal de ACIS, pretende establecer unha rede de intercambio de coñecemento con 7 rexións europeas para potenciar a innovación e transferencia de tecnoloxía no campo da saúde, especialmente naquelas doenzas e liñas de traballo que afectan ao envellecemento.

As tres liñas de actuación de TITTAN son:

-Intercambio de boas prácticas para potenciar a adopción de desenvolvementos tecnolóxicos dende o exterior aos sistemas sanitarios (Compra Publica Innovadora e outras formas de innovación dende a demanda dos servizos de saúde)
-Intercambio de boas prácticas sobre cómo potenciar a transferencia de tecnoloxías dende os sistemas sanitarios cara o exterior.
-Impulso da concienciación da cidadanía sobre todo o desenvolvemento tecnolóxico para a xestión do envellecemento e reflexión sobre cómo o conxunto da sociedade pode beneficiarse desta aposta pola tecnoloxía.

Ademis de ACIS o consorcio europeo conformano:

- Fundación Vasca de Innovación e Investigación Sanitarias (BIOEF), Euskadi (España)
- Fondazione Regionale per la Ricerca Biomedica (FRRB), Italia
- Healthy Saxony (HS), Alemania
- The University of Edinburgh - Digital Health & Care Institute (DHI), Edimburgo (Reino Unido)
- Voivodato de la Baja Silesia (Polonia)
- Ayuntamiento de Amsterdam (Países Bajos)

O proxecto conta cun orzamento total de 1.697.985,00€ EUR

  

Máis información:

LINK Proxecto TITTAN


 

 

Espanol
Galego
English  
NOVAS

CONVOCATORIAS ABERTAS

   


(c) 2004, Devalar Consultoría Europea • devalar@devalarconsult.com