Devalar é unha entidade firmante da Rede Española do Pacto Mundial
FINALIZADO PROXECTO INNOVAPANELA
28/02/2017 | Tras 24 meses de duración o proxecto Innovapanela pecha seu período de xustificación ante a AECID. Formulado por DEVALAR Consultoría Europea coa colaboración do seu socio local FEDEPANELA (Federación Nacional de Productores de Panela de Colombia)
O proxecto tivo por obxectivo o fortalecemento económico, agroempresarial e mellora da cadena de valor do proceso produtivo da panela no Huila (Colombia) e se enmarcou dentro da prioridade temática: “Fomento da agroindustria apoiándose na produción a pequena e mediana escala mediante a mellora das cadenas de valor”.
O perfil do colectivo meta beneficiario foi o seguinte: 73 pequenos produtores de panela, agrupados nas asociacións ASOPROMACOL e APPASI. Foron un total de 67 familias (350 persoas) pertencentes aos Municipios de San José de Isnos e San Agustín no Departamento do Huila (Colombia) Como beneficiarios finais participaron 4 entidades de carácter local e rexional: Municipio de San José de Isnos, Municipio de San Agustín, a Secretaria de Agricultura y Minería do Huila e a CAM Corporación Ambiental del Alto Magdalena.
Os resultados do proxecto tiveron un importante impacto para o sector e a acción foi moi bien valorada pola AECID-OTC Bogotá quen xa mantivo algunhas reunións co persoal directivo de FEDEPANELA para estudiar fórmulas de contribuir vía cooperación bilateral na mellora das condicións de acceso dos productores de panela á instalación das "hornillas" a través de FINAGRO e/ou outros instrumentos xa postos a disposición polo goberno de Colombia.