Devalar é unha entidade firmante da Rede Española do Pacto Mundial
HAITI-Avaliación Externa Final.
11/04/2013 | Devalar Consultoría Europea realizou o servizo de avaliación externa final do Proxecto 09-PR1-0403 “Mejorado el Acceso a la Educación Primaria de Jacmel (Haití)”, promovido pola Fundación CUME e financiado pola Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento – AECID.
A avaliación tivo natureza descritiva e analítica acadando unha combinación de recollida de información tanto cuantitativa, obxectivamente verificable como cualitativa, que permitiu comprobar e valorar os resultados obtidos e o alcance dos obxectivos formulados inicialmente, unha vez finalizado o proxecto.
Así mesmo, durante todo o proceso de recollida de información necesaria, o equipo avaliador seguiu un enfoque eminentemente participativo e práctico, celebrándose un taller final de devolución de resultados co equipo local do proxecto, co fin de poñer en común as conclusións extraídas do traballo de campo.