DEVALAR


:

CEPAD

Devalar é unha entidade firmante da Rede Española do Pacto Mundial

 

 

 


Convocatoria VII PROGRAMA CADRO - 2013

18/07/2012 | O VII Programa Cadro para accións de investigación, desenvolvemento tecnolóxico e demostración e do Programa Marco da Comunidade Europea da Enerxía Atómica de accións de investigación e formación en materia nuclear pretende contribuír de forma substancial a revitalizar a Estratexia de Lisboa, adoptada polo Consello Europeo de Lisboa de 2000 co obxectivo de facer da economía europea "a economía baseada no coñecemento máis competitiva e dinámica do mundo" no ano 2010, e que abrangue accións nunha ampla serie de ámbitos. Estas convocatorias xunto con algunhas pendentes de publicación ao longo dos próximos meses serán as últimas publicadas antes do fin do Sétimo Programa Cadro e do comezo do futuro Horizonte 2020.

Programas:
- Programa Especifico Cooperación: Saúde, Alimentación, agricultura e pesca e biotecnoloxía; Tecnoloxías da información e a comunicación; Nanociencias, nanotecnoloxías, materiais e novas tecnoloxías de produción; Enerxía; Medio (incluído o cambio climático); Transporte; Ciencias socioeconómicas e humanidades; Espazo.
- Programa Especifico Persoas: Redes de formación inicial Marie Curie
- Programa Especifico Ideas;
- Programa Especifico Capacidades: Infraestruturas de investigación;; Investigación en beneficio das PEME;; Ciencia e sociedade; Desenvolvemento coherente das políticas de investigación; Prize for Women Innovators 2014; European Prize for Innovation in Public Administration; Actividades de cooperación internacional.
- Convocatorias pluritemáticas
- Programa especifico Euratom: Fisión nuclear, seguridade e protección contra as radiacións.

Poden beneficiar destes fondos Centros de Investigación, Universidades, Grandes Empresas e PEME, Institucións Públicas.

O importe total de financiamento dispoñible para estas convocatorias ascende a 8100 millóns de €.

Prazo de presentación de solicitudes: a partir de outubro de 2012 ata febreiro de 2013.


 

 



(c) 2004, Devalar Consultoría Europea • devalar@devalarconsult.com