DEVALAR


:

CEPAD

Devalar é unha entidade firmante da Rede Española do Pacto Mundial

 

 

 


Convocatoria Cultura

23/12/2011 | O Programa foi creado co fin de destacar o valor do espazo cultural común dos europeos, fundado nunha herdanza cultural colectiva, mediante o desenvolvemento de actividades de cooperación entre axentes culturais dos países participantes no Programa, con vistas a fomentar a aparición dunha cidadanía europea. Ten 3 obxectivos específicos:
 Promover a mobilidade transnacional das persoas que traballen no sector cultural;
 Fomentar a circulación transnacional de obras e produtos artísticos e culturais;
 Fomentar o diálogo intercultural.

CAPITULOS:
Capítulo 1: Apoio a proxectos culturais
Capítulo 1.1: Proxectos de cooperación plurianuais
Capítulo 1.2.1: Proxectos de cooperación
Capítulo 1.2.2: Proxectos de tradución literaria
Capítulo 1.3.5: Proxectos de cooperación con terceiros países
Capítulo 1.3.6: Axuda a festivais culturais europeos
Capítulo 2: Apoio a organismos activos a nivel europeo no ámbito da cultura
Capítulo 3: Axudas para a análise e a recollida e difusión de información e apoio con vistas a maximizar o impacto de proxectos no ámbito da cooperación cultural:
Capítulo 3.2: Proxectos de cooperación entre organizacións vinculadas á análise de políticas culturais

A % de cofinanciamento da UE é de 50% para todos capítulos con excepción do capítulo 2 que é 80% de cofinanciamento.

Data límite de presentación: 30 de xuño de 2013


 

 



(c) 2004, Devalar Consultoría Europea • devalar@devalarconsult.com