Devalar é unha entidade firmante da Rede Española do Pacto Mundial
Convocatoria LIFE +
02/07/2014 | O pasado 18 de Xuño publicouse a convocatoria LIFE +, o cal se divide en dous subprogramas: LIFE+ Medioambiente e LIFE+ Cambio polo Clima.
Dentro do Programa LIFE+ encóntranse diferentes tipos de proxectos: Proxectos Tradicionais, Proxectos Preparatorios, Proxectos Integrados, Proxectos de Asistencia Técnica e de Fortalecemento Institucional.
Dentro dos Proxectos Tradicionais as principais Áreas Prioritarias son: Natureza e Biodiversidade, Política e Eficiencia Medioambiental, Gobernanza e Información Medioambientais, Mitigación do Cambio Climático, Adaptación ao Cambio Climático e Gobernanza e Información Climáticas.
A súa vez dentro das Áreas Prioritarias os proxectos diviránse en proxectos de mellores prácticas, proxectos de demostración, proxectos piloto, proxectos de información, proxectos de sensibilización ou proxectos de difusión.
Os Proxectos Preparatorios buscarán abordar as necesidades específicas para o desenvolvemento e a aplicación das políticas da UE en relación a Medioambiente e Cambio Climático.
Os Proxectos Integrados accions para a mellora medioambiental con carácter rexional, multirexional, nacional e transnacional.
A Asitencia Técnica buscará dar apoio financeiro para preparar Proxectos Integrados.
O Fortalecemento Institucional buscará dar apoio finaceiro para fortalecer a capacidade institucional dos Estados Membros da UE.
Serán elixibles entidades públicas e privadas establecidas nos Estados Membros.
Poderánse presentar propostas individuais ou en consorcio con outras entidades do mesmo País ou de outros estados da UE ou Croacia (ningún límite mínimo ou máximo de socios)
O presupuesto total para esta convocatoria será de 283 122 966€, dos cales 238 862 966€ irán destinados ao Subprograma Medioambiente e 44 260 000€ irán destinados ao Subprograma Acción por el Clima.
Serán cofinanciados entreo 55% e excepcionalmente ata un 75% as propostas dedicadas a hábitats ou especies prioritarias recollidas nas Directivas sobre aves e hábitats.
As datas límite según o tipo de proxecto que se presente serán:
Proxectos Tradicionais: 16 de Outubro de 2014 16:00 hora de Bruselas.
Proxectos Preparatorios: 29 de Outubro 2014 16:00 hora de Bruselas.
Proxectos Integrados: Phase I 10 de Outubro de 2014 16:00 hora de Bruselas. Phase 2 Abril 2015.
Proxectos Asistencia Técnica: 15 de Setembro de 2014 16:00 hora de Bruselas.
Fortalecemento Institucional: 30 de Setembro de 2015 16:00 hora de Bruselas.