DEVALAR


:

CEPAD

Devalar é unha entidade firmante da Rede Española do Pacto Mundial

 

 

 


COSTA RICA: Proxecto PIDERAL, asistencia técnica

11/04/2013 | Devalar Consultoría Europea está prestando o servizo de asistencia técnica ao Proxecto “Políticas Innovadoras para el Desarrollo de los Territorios Rurales en América Latina (PIDERAL)” en Costa Rica, promovido polo IICA ( Instituto Interamericano de Cooperación para la Agricultura) e financiado pola Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento – AECID.

No marco deste servizo desenvolvéronse distintas actividades, entre as que destacan: Establecemento da liña de base correspondente a cada territorio costarricense parte do proxecto, dinamización dos actores nos territorios de actuación de PIDERAL a través da mobilización de actores públicos e privados, a asistencia para la formulación do Plan Estratéxico para o Desenvolvemento do Territorio e, por último, Identificación e definición dos mecanismos, espazos institucionais e regras de coordinación das políticas e programas nacionais e rexionais, e de articulación das mesmas coas aspiracións dos territorios de actuación de PIDERAL en Costa Rica a través do desenvolvemento de talleres participativos nas distintas zonas.

O traballo de asistencia técnica de DEVALAR finalizará en maio de 2013.


 

 

Espanol
Galego
English  
NOVAS

CONVOCATORIAS ABERTAS

   


(c) 2004, Devalar Consultoría Europea • devalar@devalarconsult.com