Devalar é unha entidade firmante da Rede Española do Pacto Mundial
MARRUECOS- Devalar seleccionada para avaliación externa final dun proxecto da Fundación ETEA.
11/04/2013 | Devalar Consultoría Europea foi seleccionada para a realización do servizo de avaliación externa final do Proxecto 10-PR1-0688 “Desarrollo institucional, económico y social con equidad en el sector turismo en la provincia de Chefchaouen”, promovido pola Fundación ETEA y financiado pola Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento –AECID.
A avaliación incluirá unha visita sobre o terreo de duración aproximada de 7 días e a celebración dun taller participativo de devolución de resultados ás contrapartes locais. Nesta visita recollerase información relevante que permita comprobar e valorar os resultados acadados e o grao de alcance dos obxectivos formulados inicialmente no proxecto. Todas as súas conclusións e recomendacións serán froito dunha análise coidada a criterios e indicadores.
Na súa avaliación, DEVALAR utilizará como instrumentos: o Enfoque de Marco Lóxico (EML) e Xestión de Ciclo de Proxecto (XCP).