21/09/2009 | Devalar Consultoría Europea organizou e coordinou un taller participativo de formulación dun proxecto a presentar á convocatoria 2010 do Programa ALFA III da Unión Europea.
A iniciativa celebrouse en Buenos Aires nos días 18 e 19 de setembro, na sede da Universidad Tecnológica Nacional.
O taller, dividido en catro sesións de traballo, desenvolveuse a través da aplicación da metodoloxía do Enfoque do Marco Lóxico.
Seis foron as Universidades participantes, entre elas unha europea e cinco de América Latina:
- Universidad de Ciencias Aplicadas de Jena (Alemania);
- Universidad Tecnológica Nacional de Buenos Aires (Arxentina);
- Universidad del Mar (Chile);
- Pontificia Universidad Javeriana (Colombia);
- Pontificia Universidad Católica (Ecuador);
- Universidad del Cono Sur de las Américas (Paraguay).
O Programa ALFA III proponse fomentar a cooperación entre Instituciones de Educación Superior (IES) da Unión Europea e América Latina.
A organización do taller engádese á experiencia xa acumulada por DEVALAR nos anos pasados no ámbito deste Programa, a través a formulación de proxectos que interesaron varios Países de América Latina como Arxentina,Brasil,Perú, Colombia e Chile.