Devalar é unha entidade firmante da Rede Española do Pacto Mundial
Convocatoria EaSI PROGRESS Axis
11/06/2014 | O 20 de Maio publicouse a convocatoria do Programa “Progress Axis”(VP/2014/008) enmarcado dentro do programa EaSI (Emprego e Innovación Social),sendo obxecto do 61 % do orzamento do mesmo.
O obxectivo xeral de esta convocatoria é fomentar a innovación e reformas en políticas sociais para facer fronte aos principais retos (envellecemento da poboación, acceso ao mercado laboral, acceso a servizos de saúde, coidado de persoas dependentes, coidados a nenos/as en idade pre-escolar etc.) e desenvolver accións innovadoras que respondan ás realidades nacionais, rexionais e locais.
As principais áreas nas que se centra a presente convocatoria son as seguintes:
• Enfoque one-stop-shop: é unha forma avanzada de integración que comprende a entrega de múltiples servizos nunha soa ubicación. A integración dos servizos sociais a través da creación de 'un-stop-shop' ten potencial eficacia económica, efectividade dos servizos e capacidade para facer frente a complexos e múltiples problemas garantindo compromiso e cobertura.
• Enfoque personalizado mediante “xestores de caso” de alta calidade. É unha forma de servizo integral a nivel individual. Por exemplo, nun equipo multidisciplinar, un dos membros adoptaría o rol de xestor de caso, garantindo a coordinación entre os membros do equipo e o usuario, especialmente fronte a necesidades complexas e a longo prazo.
• Asociacións innovadoras: Estas alianzas poderían incluir entidades públicas e privadas, así como organizacións da sociedade civil.
O consorcio estará formado por entidades públicas e privadas así como polos principais actores no campo dos servizos sociais. O solicitante principal deberá ser unha autoridade ou organismo público a nivel nacional, rexional ou local que teña un papel fundamental no establecemento de políticas ou prestacións de servizos sociais.
A cantidade aproximada destinada á presente convocatoria é de
9 200 000 €. A subvención enmarcarase entre 750 000 € mínimo e
2 000 000 € máximo.
A axuda financeira da Unión Europea outorgada no superará o 80% dos costes elixibles totais da acción.
A duración do proxecto debe ser de entre 24 meses e 36 meses.