VIETNAM- Avaliación Intermedia Convenio de Desenvolvemento
03/08/2009 | Devalar Consultoría Europea realizou entre o 16 de Xuño e o 1 de Xullo do 2009 en Vietnam, a Avaliación Intermedia do Convenio de Desenvolvmento “Aumento das Capacidades e Autonomía das Mulleres na provincia de Tanh Hoa, mediante a Capacitación, Promoción de Oportunidades de Igualdade de Xénero.- Vietnam”
Este convenio coordinado pola ONG Asociación pola Paz e o Desenvolvemento (Málaga) e financiado pola AECID ten como principais prioridades:
-Aumentar a concienciación e as responsabilidades das autoridades locais e medios de comunicación ao respecto.
-Concienciar e capacitalas mulleres e homes da comunidade nos dereitos da muller, principalmente sexuais e reproductivos, e na igualdade de xénero.
-Incentivar a participación dos homes na prevención da violencia de xénero.
-Estudiar o comportamento da violencia doméstica contra as mulleres, o rol da muller e os dereitos da muller para identificar solucións apropiadas para mellorar a súa situación, o seus medios e as súas relacións de poder á hora de determinar o seu propio desenvolvemento e o da comunidade coma un todo.
Os obxetivos principais deste proxecto están encamiñados a favorecer o desenvolvemento rural en Vietnam; a crear unha estrutura organizativa nacional, provincial e local; a formación no desenvolvemento rural; executar plans de innovación rural, integrar totalmente a economía rural, así coma aumentar tanto o nivel de renda nas áreas rurais como o emprego rural agrícola e non agrícola nas áreas rurais.
O obxectivo principal da avaliación foi valorar o grado de avance no cumprimento dos resultados esperados pola intervención,de cara a lograr os obxectivos específicos do proxecto, coa maior eficiencia e garantías de calidade na cooperación.
Con este proceso avaliativo, marcado por un claro enfoque participativo se pretendeu:
•Mellorar a xestión do convenio.
•Valorar os efectos netos das actuacións realizadas no marco do convenio á metade do seu período de execución.
•Valorar o grado de cumprimento dos resultados esperados pola intervención conforme aos criterios clásicos da Cooperación Española, e deste xeito, poder proveer información e axudar a mellorar a eficacia do programa.
Se procedeu á entrega final do informe o 31 de Xullo do 2009.