DEVALAR


:

CEPAD

Devalar é unha entidade firmante da Rede Española do Pacto Mundial

 

 

 


Convocatoria ´´ERASMUS for young entrepreneurs´´

04/06/2013 | O 22 de Maio de 2014 publicouse a convocatoria para asociacións intermediarias do programa “Erasmus para novos emprendedores/as”. Consolidase así este programa sendo os seus principias obxectivos os seguintes:

 Proporcionar formación no ambiente laboral ao empresariado novo da UE co fin de facilitar o éxito inicial e o desenvolvemento das súas propias ideas de negocio;
 Fomentar o intercambio de experiencias e información entre os empresarios/as sobre os obstáculos e retos que se presentan durante o comezo do desenvolvemento dos seus negocios;
 Aumentar o acceso ao mercado e a identificación de posibles contactos para novos negocios establecidos por toda Europa;
 Promover a creación de redes entre empresarios/as de diferentes Estados Membros e Estados do Espazo Económico Europeo como Islandia y Noruega, constituídas sobre o coñecemento e a experiencia adquiridas en outros Estados Membros e do Espazo Económico Europeo.

As actividades que desenvolverán as entidades intermediarias seleccionadas serán principalmente recrutar e axudar a os/as potenciais emprendedores/as no seu intercambio en outro país.

O consorcio de entidades intermediarias deberá estar formado por un mínimo de 5 entidades legais independentes de polo menos 4 países diferentes. Non está permitido que un socio participe en máis dunha proposta. No caso de que isto aconteza, todas as propostas que implican a este socio serán consideradas como non elixibles.


A duración do proxecto non pode superar os 24 meses contando dende o 1 de febreiro de 2015 con un orzamento máximo por proxecto de 500.000 euros con unha cofinanciación europea de ata un 90%.

Data límite de presentación de proxectos: 17 de Xullo del 2014 ás 17:00 hora de Bruxelas.


 

 

Espanol
Galego
English  
NOVAS

CONVOCATORIAS ABERTAS

   


(c) 2004, Devalar Consultoría Europea • devalar@devalarconsult.com