DEVALAR

Entidade colaboradora:

CEPAD

 

 


SEMINARIO-PROXECTO ECA IT “I SEMINARIO INNOVACIÓN E TURISMO´´

26/11/2009 | Devalar Consultoría Europea S.L. está realizando a secretaría técnica do I Seminario Innovación e Turismo organizado por Turgalicia (Sociedade Pública dependente da Secretaría Xeral para o Turismo da Xunta de Galicia)no marco das actividades previstas no proxecto ECA-IT aprobado no marco da II Convocatoria de Proxectos do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POPTEC).

Este seminario vai dirixido a empresas turísticas de Galicia interesadas na innovación. O obxectivo deste encontro é dobre, por unha banda, dar a coñecer ao público o proxecto ECA-IT. E por outra banda o de crear un foro de reflexión sobre a situación e perspectivas de innovación no sector turístico.

O seminario que contará coa presenza da Secretaria Xeral para o Turismo da Xunta de Galicia, Dona Mª Carmen Pardo López, terá unha dobre edición: en Santiago de Compostela o vindeiro día 1 de decembro (Hotel Monumento San Francisco) e en Viana do Castelo o vindeiro día 10 do mesmo mes (Auditorio da Escola Superior de Tecnologia e Gestão do Instituto Politécnico de Viana do Castelo.

ECA-IT é un proxecto que pretende mellorar os procesos de innovación empresarial na área transfronteiriza de Galicia - Norte de Portugal. A tal efecto, ECA-IT desenvólvese a través de catro liñas de actuación:

 Actividade 1: Articular unha rede de sectores transfronteirizos innovadores.
 Actividade 2: Crear unha rede de "innova-xestores" e "coachers" transfronteirizos.
 Actividade 3: Desenvolver unha estrutura conxunta de recursos para a innovación.
 Actividade 4: Impulsar proxectos piloto transfronteirizos e desenvolver ferramentas que permitan a transferencia.

Este seminario pretende informar a aqueles axentes do sector turístico galego e portugués das posibilidades de innovación que existen no eido do turismo así como das súas posibilidades de financiamento.

  

Máis información:

LINK Máis información


 

 



(c) 2004, Devalar Consultoría Europea • devalar@devalarconsult.com
UNIRISCO USC