Devalar é unha entidade firmante da Rede Española do Pacto Mundial
HAITÍ:avaliación externa final para Veterinarios Sin Fronteras
30/12/2013 | DEVALAR Consultoría Europea foi seleccionada para avaliar o proxecto de desenvolvemento: “Apoio á Creación da Rede Nacional de Produción, Intercambio e Distribución de Sementes e Grans Básicos de Variedades Locais en seis Departamentos de Haití”, promovido por Veterinarios Sin Fronteras, Vetermon e financiado pola Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo (AECID) no marco da Resolución de 13 de xullo de 2010 pola que convocan subvencións ás Organizaciones Non Gubernamentais de Desenvolvemento, para a realización de proxectos de cooperación para o desenvolvemento, correspondentes ao ano 2010 [B.O.E Nº 199, 17.8.2010].
DEVALAR foi seleccionada como a entidade responsable para a avaliación externa do proxecto de desenrolo promovido pola citada organización.
A visita ao terreo será realizada o próximo mes de xaneiro. Pola sua parte, o informe final debe ser entregado a finais do mes de marzo e ten como obxectivo avaliar a execución do proxecto no período que abarca dende o 1 de setembro de 2010 ata o 28 de febreiro de 2013.
Na súa avaliación, DEVALAR utilizará como instrumentos: o Enfoque de Marco Lóxico (EML) e a Xestión de Ciclo de Proxecto (XCP).