Proxecto EUROPA EMPRENDE: asistencia técnica de DEVALAR
09/03/2010 | A partir do mes de xaneiro comezou a súas actividades o proxecto “EUROPA EMPRENDE: Promovendo a mobilidade entre os emprendedores/as europeos/as”, no marco do cal DEVALAR foi contratada para prestar servizos de asistencia técnica.
“EUROPA EMPRENDE”, formulado polo noso departamento de proxectos europeos, presentouse ante a DG de Industria e Empresa, no marco da Convocatoria ENT/ERA/09/311 do programa piloto “Erasmus para mozos emprendedores” en maio de 2009 e foi aprobado pola Comisión Europea.
O proxecto terá unha duración de 17 meses. Está promovido por UNINOVA, Incubadora de Iniciativas Empresariais Innovadora de Santiago de Compostela (España) e outras tres incubadoras de empresas europeas: Associação Spinpark – Centro de Incubação de Base Tecnológica (Portugal), Technologie und Innovationpark Jena (Alemaña) e University of Münster – AFO Innovation Office (Alemaña).
“EUROPA EMPRENDE” ten como obxectivo contribuír a fomentar un maior espírito empresarial en Europa, así como mellorar a capacidade empresarial, a internacionalización e a competitividade de potenciais emprendedores/as europeos/as e de micro e pequenas empresas de recente creación. Este obxectivo conseguirase a través da permanencia de 44 potenciais ou nos emprendedores/as procedentes dos tres países interesados no proxecto (España, Portugal e Alemaña) en empresas europea que maduraron xa unha sólida experiencia.
As actividades realizadas por DEVALAR ata agora son:
-Elaboración do manual de xestión técnica e financeira do proxecto;
-Asistencia técnica aos socios na fase de negociación do contrato de subvención coa Comisión Europea;
-Asistencia técnica para a celebración do Kick-off meeting do proxecto, en Bruxelas, o pasado 29 de Xaneiro;
-Participación no Networking Meeting organizado pola Comisión Europea, os días 28 e 29 de Xaneiro en Bruxelas, que reuniu todas as organizacións europeas involucradas no Programa “Erasmus for Young Entrepreneurs”.
Todos os emprendedores/as interesados/as en participar no Programa poden presentar a súa candidatura a través da páxina web do Programa (www.erasmus-entrepreneurs.eu) ou contactando co coordinador español UNINOVA (www.uninova.org).