ECUADOR- DEVALAR seleccionada pola Fundación ETEA para avaliación externa en Provincia de Manabí-Ecuador
09/03/2010 | DEVALAR Consultaría Europea foi seleccionada para avaliar o proxecto de desenvolvemento “Fortalecemento Institucional e Creación de Grupos de Acción Local para o Desenvolvemento Socioeconómico da Provincia de Manabí – Ecuador”, financiado pola Axencia Andaluza de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AACID) e promovido pola Fundación ETEA para o Desenvolvemento e a Cooperación (www.fundacionetea.org).
A Fundación ETEA é un centro universitario de formación, investigación e acción no campo do desenvolvemento e a cooperación e que conta coa súa sede na cidade andaluza de Córdoba. A Fundación ETEA ten experiencia de traballo en América Latina, Marrocos e o Sudeste Asiático. A presenza en América Latina é especialmente intensa en Centroamérica e Caribe, onde se inicia en 1988 a colaboración con diferentes universidades da rexión (Universidade Centroamericana “José Simeón Cañas” de El Salvador, Universidade Centroamericana de Nicaragua, Universidade Rafael Landívar de Guatemala e Universidade da Habana). Recentemente iniciouse proxectos en Uruguai, Ecuador e Venezuela.
DEVALAR foi seleccionada o pasado mes de decembro como a entidade responsable pola avaliación externa do proxecto de desenvolvemento promovido pola citada organización e financiado pola AACID en Manabí, Ecuador.
A avaliación, que será realizada o próximo mes de Maio, incluirá unha visita de dez días ao terreo, durante os cales se recollerán informacións relevantes que permitan comprobar e valorar os resultados obtidos e o grao de alcance dos obxectivos formulados inicialmente no marco do proxecto. Todas as súas conclusións e recomendacións serán froito dunha análise coidada de criterios e indicadores, definidos polas varias Axencias de Cooperación Internacional, como a AECID e a AACID.
Na súa avaliación, DEVALAR utilizará como instrumentos: o Enfoque de Marco Lóxico (EML) e a Xestión de Ciclo de Proxecto (GCP).