DEVALAR organiza Seminario Formativo: “As Deducións Fiscais pola I+D+i”.
13/04/2010 | O 15-16 de Abril de 2010 Devalar Consultoría Europea, en colaboración coa consultora IDETRA S.A. de Madrid, organizou os seminarios formativos "As Deducións Fiscais pola I+D+i: Obxectivos e Oportunidades para as PEMES".
Esta actividade formativa foi dirixida a empresas galegas que realizasen ou estivesen implementando actividades de I+D+i.
Os obxectivos do seminario foran os seguintes:
•dar a coñecer o marco español sobre desgravacións fiscais de I+D+i;
•proporcionar información práctica sobre como aplicar a normativa sobre desgravacións fiscais da I+D+i;
•favorecer o acceso das empresas ás subvencións do INCITE-Plan Galego de I+D+i para o fomento do uso das deducións fiscais.
Agradecemos a todos os asistentes pola súa participación e polo interese demostrado.