03/12/2009 | OBXECTIVO:O obxectivo desta convocatoria de propostas consiste en promover a cooperación multilateral entre institucións, autoridades e organizacións de educación superior dos Estados membros da UE e dos países socios e centrase na reforma e a modernización da educación superior.
BENEFICIARIOS:Os solicitantes de Proxectos Conxuntos deberán ser institucións de educación superior recoñecidas polo Estado, públicas ou privadas, asociacións, organizacións ou redes de institucións de educación superior dedicadas á promoción, mellora e reforma da educación superior.
As Institucións e organizacións deben ter a súa sede nun dos seguintes dos países admisibles
-Os vintesete estados membros da UE
-Os seguintes países dos Balcáns: Albania, Bosnia,Macedonia, Montenegro, Serbia ou Kosovo.
-Os países de vecindade meridional e oriental da UE: Arxelia,Exipto, Israel, Xordania,Líbano; Marrocos, territorios palestinos,Siria,Túnez, Armenia,Azerbaiyán, Belarús, Xeorxia, Moldavia ou a Federación de Rusia e Ucraína.
MODALIDADE DE PROXECTO: Os dous instrumentos principais de cooperación no marco da presente convocatoria Tempus son:
-Proxectos conxuntos: Proxectos que adoitan un enfoque ascendente e están encamiñados á reforma a nivel institucional( Universidades).
-Medidas estructurais: proxectos que aspiran a contribuír ó desenvolvemento e a reforma dos sistemas de educación superior dos países asociados, potenciar a súa calidade e pertinencia e incrementar o seu grado de converxencia coa UE.
FORMACIÓN DO PARTENARIADO:
Para os proxectos nacionais, as propostas deberán presentalas agrupacións de institucións que inclúan:
-Un mínimo de tres institucións de ensino superior de un pais socio.
- Un mínimo tres institucións de ensino superior da UE, cada unha procedente dun Estado membro diferente da UE.
Para os proxectos que participan varios países:
-Un mínimo de dúas institucións de ensino superior de cada un dos países participantes involucrados na proposta.
-Un mínimo de tres institucións de ensino superior, cada unha procedente dun diferente Estado membro da UE.
A duración máxima dos proxectos será de vintecatro ou trinta e seis meses. Esperase que o período de admisibilidade dos gastos se inicie o 15 de outubro de 2010.
PRIORIDADES DO PROGRAMA:
1. Reforma Curricular.
Modernización dos plans de estudios en disciplinas académicas identificadas como prioritarias polos países socios.
2. Reforma da Gobernanza.
Xestión da universidade e servizos para os estudiantes.
Introducción da garantía de calidade.
A autonomía institucional e financeira e a rendición de contas.
A igualdade e o acceso transparente á educación superior.
Desenvolvemento das relacións internacionais.
3. Educación Superior e Sociedade.
Formación de docentes non universitarios
Desenvolvemento de alianzas con empresas
A educación triángulo do coñecemento-investigación-innovación.
Cursos de formación para os servizos públicos (ministerios, autoridades rexionais ou locais)
Desenvolvemento da aprendizaxe permanente na sociedade en xeral.
Os marcos de cualificacións.
CONDICIÓNS ORZAMENTARI-AS:
SUBVENCIÓN POR PROXECTO:
Mínima 500.000 Euros
Máxima 1.500.000 Euros
% COFINANCIAMENTO:
90% dos custes totais admisibles
DATA LÍMITE PARA A PRESENTACIÓN:
9 de Marzo do 2010 as 12:00 horas de Bruxelas